Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Podemos pide en Laxe a retirada do dique que provocou o cambio das correntes

Podemos en Laxe
Gómez Reino, o voceiro de Podemos Laxe Fernando Del Moral Regaldie e Juantxo López
Podemos pide en Laxe a retirada do dique que provocou o cambio das correntes

Este venres, os deputados de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino e Juantxo López de Uralde visitaron o porto de Laxe. Unha zona que espera que pase o inverno para afrontar outra nova acometida das obras da dragaxe, ao 50% da súa execución.

”Estamos ante un novo exemplo dunha construción dun dique sen ter en conta os riscos ambientais, que provocou unha modificación das correntes, que provocan unha acumulación de area no porto, polo que hai que dragalo”, sinalaron. Deron conta da afectación ao uso pesqueiro, e ao eterno problema dos áridos que, como sinalaban dende o Congreso dos Deputados, é competencia da Xunta.

“Cremos que a Xunta e Costas se teñen que implicar para recuperar os ecosistemas. Reclamamos que se rectifique esta infraestrutura para recuperar a liña orixinal do litoral”, explican.

Novas relacionadas

Comentarios