Venres. 29.03.2024
El tiempo

Podemos e o BNG preguntan pola nova retirada de area da praia de laxe

Quitando area do porto de Laxe
Podemos e o BNG preguntan pola nova retirada de area da praia de laxe

Un ano máis, Portos de Galicia volve realizar unha acción de retirada de area da praia de Laxe, e trasvase para a zona do Cabo da Area. Unha acción para moitos calificada como “absurda”, ou como “inútil”, como denunciaban estes días os grupos de Podemos Laxe e BNG.

”Os propios documentos de Portos e o Pxom demostran que a súa zona de adscripción chega ata o número 1 da Avda.Rosalía de Castro, zona que coincide coas inundacións periódicas pola altura das dunas polo que non só debería rebaixar a area contra o paseo ata ese número de rúa, senón limpar toda a zona, dunas incluídas, para facilitar a saída de pluviais ao mar; Por que non o fan”, pregúntase o voceiro do BNG, Xose Manuel Pose Lema.

”A area sempre volve polo que todxs sabemos. Praia e Porto de Laxe, solucións definitivas xa!”, piden dende o grupo de Podemos.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios