A Praza Ramón Juega cumple 100 anos

A Praza Ramón Juega cumple 100 anos. A praza central da vila leva o nome de Ramón Juega Charlín, destacado médico indiano e alcalde de Laxe entre 1887 e 1890, quen impulsou importantes infraestruturas urbanas na vila.
Este 18 de decembro, ás 17:00h, o Concello renderá homenaxe a Juega, e á praza, cun acto no Museo do Mar de Laxe. Unha celebración que se suma á de institucións destacadas como o Colexio de Médicos da Provincia da Coruña, a Real Academia de Medicina de Galicia, o Consulado Xeral do Uruguai en Galicia e outras entidades do ámbito médico en España e Uruguai.

O acto comezará as 17:00h cunha charla no Museo sobre a vida do médico indiano. A continuación, procederase á sinatura das actas de doazón de diversas pezas relacionadas coa súa vida e obra e, posteriormente, destaparase o novo panel informativo dedicado a Ramón Juega no Museo do Mar.
Por último, ás 18:30 horas, realizarase unha visita guiada ao Museo do Mar e á Praza Ramón Juega.
Ramón Juega (Laxe, 1845 – A Coruña, 1905) desenvolveu a súa carreira médica no Departamento de Tacuarembó, na República Oriental do Uruguai, e o seu legado transcende fronteiras. A súa contribución ao desenvolvemento de Laxe fai que o seu nome permaneza vinculado ao corazón da vila desde hai un século.