PSdG pide á Xunta rescatar do caixón o Plan de Conservación dos Penedos
Recoñecía esta mañá o catedrático Augusto Pérez-Alberto que “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida” Hoxe, aproveitando que o Concello de Laxe saca do caixón o Plan de Conservación cunha mesa redonda, o PSdG leva o asunto ao Parlamentoe a diferentes comisións.
Os deputad@s socialistas Loli Toja, Patricia Vilán Lorenzo, María Luisa Pierres López, José Manuel Pérez Seco e Raúl Fernández Fernández, veñen de presentar varias inciativas sobre este singular conxunto de elevacións graníticas. Pregúntanlle ao goberno que tipo de medidas levou a cabo o Goberno galego desde a declaración polo Decreto 294/2008 dos Penedos de Pasarela e Traba como paisaxe protexida, hai case 10 anos, con Touriño no goberno da Xunta. Así mesmo, o PSdG pregunta se “Pensa desenvolver o Goberno galego o Decreto 294/2008, en que prazos?”
O grupo socialista apuntab a “singularidade e beleza, xa que forman “un impresionante pano de fondo visible tanto desde a localidade de Pasarela como, dunha maneira especial, desde a área de Traba. Postos no areal que pecha a lagoa pódese contemplar unha das paisaxes máis fermosas da costa de Galicia. Non se trata unicamente de pedras amorfas e sen valor”, di o Decreto, “senón de elementos figurativos, preceptuais e culturais das paisaxes”.
Nese sentido lembran que o decreto establecía na súa xestión “que a consellaría competente é a responsable da xestión deste paraxe único. Isto implica, con carácter xeral a conservación e a protección dos elementos desta paisaxe e de maneira especial a protección e a conservación das rocas que integran esta paisaxe protexida. O Decreto ademais establece que fomentará o Grupo Parlamentariocoñecemento desta paisaxe e promoverá a realización de programas de investigación e de educación ambiental. Tamén se promovería un desenvolvemento económico e turístico desa zona que fose respectuoso co medio”.
Pero nada se fixo ata agora.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/ https://quepasanacosta.gal/unha-mesa-redonda-analiza-o-plan-de-conservacion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela/ Novas relacionadas- 2018: Unha mesa redonda analiza o plan de conservación dos Penedos de Traba e Pasarela
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- Lorena Martínez Canosa: Moitas paisaxes, pero só unha protexida.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).