Rescatados os 4 tripulantes dun pesquero de Laxe envorcado a unha milla de Malpica
13:54 04/04/13
A primeira hora da mañá, o pesquero Sempre Diana envorcou a unha milla da entrada do porto de Malpica e os seus 4 tripulantes foron rescatados polo pesquero Lua Nova, que se achaba nas proximidades do naufragio, e trasladounos en aparente bo estado de saúde a Malpica. No porto esperábaos unha ambulancia para prestarlles as atencións médicas necesarias xa que os 4 homes rescatados presentan síntomas de hipotermia leve.
Salvamento Marítimo tivo constancia da urxencia ás 9.20 horas cando xa se produciu o rescate. A embarcación Salvamar Mirfak dirixiuse á zona do naufragio e comprobou que o pesquero está semihundido.
O porto basee do Sempre Diana, de 12 metros de eslora, é Laxe.
Novas relacionadas
- O Pleno de Fisterra non se compromete co Salvamento Marítimo.
- Coa vida non mar non pode haber recortes.
- As imprudencias no mar páganse.
Accidentes na mar no 2013
- 11-03-13: Aparece un cadáver en avanzado estado de descomposición nas rochas de Brens.
- 02-03-13: Falece un home do Pindo no mar das Lobeiras.
- 14-01-13: Falece un malpicán no mar.