As sendas de Soesto e Serantes estarán listas antes de fin de ano

09:29 11/04/22
Adxudicou a semana pasada a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a construción das sendas de Soesto e de Serantes, na antiga traza da estrada autonómica AC-433, no concello de Laxe. Conectaranse pola marxe esquerda da vía os lugares do Rueiro e Castrelo, en Soesto, e pola marxe dereita, o núcleo de Serantes coa igrexa de Santa María e o cemiterio.
As obras comezarán na primavera e terán un prazo de execución de 8 meses.
En paralelo ao proceso de adxudicación, leváronse a cabo os actos expropiatorios, estando convocada a formalización das actas de ocupación para o vindeiro 23 de maio.
Novas relacionadas- Xaneiro 22: Licitadas as sendas de Soesto e Serantes.