sábado. 09.11.2024
El tiempo

Só un par de confrarías vivirán cambios tralo complicado proceso electoral

Luis Suena Amigo e Jose LUis Novo novos patrons de Laxe e Corme
Luis Suena Amigo e Juan Luís Novo son os novos patróns maiores de Laxe e Corme
Só un par de confrarías vivirán cambios tralo complicado proceso electoral

Tralas eleccións vividas a semana pasada, e pendentes da toma de posesión que será o vindeiro 29 de novembro, o panorama nos pósitos da Costa da Morte parece bastante claro. Xa contamos que a continuidade é a nota común, ata o punto de que só vai haber dous cambios entre os patróns maiores, despois da votación deste pasado venres entre os membros das Xuntas Xerais, como mandan os complicado proceso.

Por Corme, Roberto Vidal, o que se convertera hai 4 anos no patrón máis novo de Galicia, dimite e deixa paso a outro percebeiro como Juan Luis Novo Torrado (36 anos). Vidal necesita un descanso e deixa a confraría nunha posición tremendamente positiva e tras demostrar ter a forza de liderar un sector enteiro a nivel provincial.

Por Laxe, a xubilación de Manuel Vilar provocou cambios. E estaba a cousa igualada entre Luís Suena Amigo e Paco Charlín. Finalmente foi o primeiro o que sáiu elixido, e o teniente alcalde quedará de Vicepatrón maior 1, xunto con Modesto Domínguez Castro.
Ramén Charlín Oróns, José Manuel Gómez Barcia, Roberto Carlos Santiago Charlín e Raúl Villar Vidal completan o Cabildo.

Por Camelle, aínda que a votación non será ata hoxe luns, parece claro que tamén continuará Xosé Xoán Bermúdez.

No resto de confrarías continúan os mesmos:

  • Caión: José Hector Morgade Carracedo.
  • Corcubión: Urbano Suárez Canosa.
  • Fisterra: José Manuel Martínez Escarís “Manolete”.
  • Lira: José Mariano Lago Louro.
  • Muros: Daniel Formoso Moledo.
  • Malpica: Pedro Pérez Martelo.
  • Camariñas: José Ramón Lema Romero.
  • Muxía: Daniel Castro Fernández.
  • O Pindo: Fernando Siaba Espasandín.

Novas relacionadas

Comentarios