Venres. 29.03.2024
El tiempo

Teatro infantil e micoloxía para o Outubro cultural de Laxe

Laxe Programa Outono 2022
Teatro infantil e micoloxía para o Outubro cultural de Laxe

O mes de outubro chega a Laxe cunha nova programación cultural para as fins de semana.

O sábado 8, o Salón de Actos Culturais acollerá ás 19:00 horas a’ obra A nena que vivía nunha caixa de mistos', de Caramuxo Teatro.

As citas infantís continúan o sábado 15, ás 19:00 horas Salón de Actos Culturais coa música de Magín Blanco e o seu “Caderno de cores e cancións”.

Finalmente, o Sábado 22 celebrarase a II charla e saída micolóxica. A sesión arrincará na Casa do Concello cunha posterior visita guiada de 10:00 a 14:00 horas. Para esta última actividade as prazas son limitadas e será necesario inscribirse no propio Concello ou chamando ao 981 70 69 03.

Comentarios