![centro-saude]()
Arredor das 18:35 horas de hoxe, martes 8 de xullo, unha traballadora quedou cun brazo atrapado nos rodillos dunha máquina prensadora de hoxaldres. O accidente tivo lugar nun establecemento de pastelería e degustación de recente apertura na vila de
Laxe.
Probablemente un
abuso de confianza, xa que a rapaza conta cunha longa traxectoria neste sector, fixo que a empregada non desconectase a máquina prensadora de hoxaldres para a súa limpeza. Desta forma, o seu brazo quedou atrapado durante unhas dúas horas nun rodillo. Afortunadamente, unha compañeira puido desenchufar o aparato polo que evitou que as consecuencias foran moito peores.
Os membros de
Protección Civil de Laxe, foron capaces de liberar o brazo cortando o rodillo e evitando así ter que desmontar a máquina, unha labor que duraría varias horas.
Posteriormente, os servizos do 061 levaron á traballadora ata o
PAC de Ponteceso que estivo consciente en todo momento. O diagnóstico quedou en magulladuras e pequenas lesións no brazo.