Unha dedicación exclusiva rompe as negociacións entre PSOE e BNG en Laxe
Serviron as negociacións entre PSOE e BNG para que Mouzo Castiñeira collese o relevo na alcaldía de Antón Carracedo. Pero non parece que vaian formar goberno os dous grupos, deixando o concello en mans dun goberno socialista en minoría.
Así informan trala reunión mantida hoxe celebrada entre Mouzo e Pose, e na que o PSOE trasladoulle ao BNG que non está disposto a aceptar a oferta definitiva presentada polo BNG o anterior sábado, manténdose na sua postura inicial, segundo o BNG, “non cedendo absolutamente nada desde a 1ª xuntanza”.
A discrepancia insalvable para o Psoe continúa sendo a dedicación completa do concelleiro de obras e servizos que sosteñen debe de ser de tempo completo e cun salario neto de 1.400€, o que o BNG entende como “unha postura con poucas miras políticas e altamente irresponsable, non só para a máis que maltreita situación económica do concello, senón tamén para a estabilidade politica do mesmo, pois non se entende que por unha diferencia de 300€ non haxa un acordo de goberno estábel para os vindeiros 4 anos, dando mesmo a sensación de que o pacto para o Psoe non se trata dunha cuestión programática senón máis ben dunha cuestión económica”.
Novas das Eleccións
- 3 pactos para non deixar ningún azul en Coristanco, Laxe e Ponteceso.
- RESULTADOS LAXE: Eleccións #24M Laxe: O PP supera ao PSdG nunha votación que deixa ao BNG como chave de goberno.
- LISTAS LAXE: Laxe busca relevo para o seu alcalde.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).