Os valores “únicos” de Laxe
12:14 25/04/18
Xose Manuel Pose Lema, Concelleiro de Laxe Falamos hoxe co Concelleiro do BNG de Comercio, Hostalería e Turismo, Xosé Manuel Pose Lema. Pose Lema entraba no goberno laxeiro, tras formalizar un pacto en novembro de 2016, e dende aquela non deixa de traballar na desestacionalización do sector turístico. Co programa Reláxese como paraugas, son variadas as frontes nas que traballa para atraer xente ao longo do ano: Arquivo Fotográfico Vidal, a gastronomía do Con Xe de Peixe, os Penedos de Traba e Pasarela, a ruta mineira, o Parque do Megalistimo, o jazz… ”A min ninguén me vai poder dicir que pasei polo Concello sen pena nin gloria”, recoñece vendo a cantidade de cousas que se están a facer. Pero o máis salientable da conversa, é comprobar o valor que lle dá ás cousas de Laxe, destacando como “únicos” varios dos seus puntos de interese.
- QPC: Comezamos do concreto ao xeral. Como foron esas primeiras Xornadas Gastronómicas Con X de Laxe, Con Xe de Peixe? Foi boa a resposta? Que opinan os hostaleiros dos 9 establecimentos participantes?
Xornadas con X de Peixe no Escaravello de Laxe Para ser a primeira actividade, moi ben. Este é un programa que trata de promocionar Laxe a todos os niveis. Se ben non deixa de ser máis importante a propia creción da marca, as Xornadas en si si que tiveron éxito. Vendéronse arredor dos 350 pratos, así que creo que os hostaleiros que participaron están contentos. E creo que non debería ser para menos, porque con ese sector estamos facendo actividades continuas. É certo que non están involucrados todos os hostaleiros, pero case. Na ruta de pinchos participan 12, se en todas as parroquias hai 24 locais, xa estamos no 50%. A nivel casco urbán estamos falando dun 60-70% de participación, e por suposto seguen as portas abertas. Nós facemos as actividades pensando en todos, pero tamén respectamos as decisións de cada un. Iso si, cantos máis mellor, porque a unión fai a forza, pero non podemos obrigar a ninguén a participar nalgo que non quere.
Imaxe corporativa Con X de Peixe de Laxe
- QPC: Porque esto só é o primeiro paso para convertir eses 6 peixes con XE no novo escudo de Laxe, non é?
Cartel desta primavera do ambicioso programa Reláxese
- QPC: E todo, enmarcado no programa de desestacionalización Reláxese. Cóntanos un pouco como nacía o ano pasado esta idea e como se está desenvolvendo.
- QPC: Dando vida ademais ao Museo do Mar, que levaba anos esquecido.
O Museo do Mar de Laxe xa forma parte da rede de Espazos Museísticos Atlánticos
- QPC: Fálanos un pouco máis da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal. Comezamos polo esquecemento secular que levaba sufrindo. Onde estaba ese patrimonio? Como se foi recuperando? Que plan temos por diante neste 2018, ano de recuperación do Arquivo?
O Museo do Mar albergará o Arquivo Fotográfico Vidal É un arquivo dunha riqueza inmensa. Cando conseguimos incluílo na Rede Galega de Museos tivemos 3 auditorías, unha da Xunta e outra externa encargada da Xunta, e todas coincidiron en que o arquivo Fotográfico Vidal é único. A directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga López de Castro recoñeceu que o forte de Laxe é o Arquivo Vidal, e sinalounos que cunha liña correcta de traballo, falando a medio prazo, poderíamos ser un referente en Europa. O Museo do Mar terá a primeira planta enteira adicada ao Arquivo, con dous grandes bloques táctiles gráficos, co arquivo completo para visualizar. E aínda falta a última doazón que nos anunciou a familia, que son todas as máquinas que tiñan. Paralelamente, xa está aprobada a Deputación a publicación do libro “José Vidal, unha vida dedicada á fotografía”, feito por Xan Fernández Carrera ao que estamos eternamente agradecidos. Espero que en setembro poidamos ter o libro. Ademais, vai levar unha exposición paralela propia. Coa axuda do GALP, imos facer unha exposición de 70 fotografías grandes de temática mariñeira de Vidal, que vai percorrer toda a rede de museo mariñeiros. Inaugurarase en Laxe, e irá a Ílhavo, Portugal, para seguir percorrendo o país. E se faltaban cousas por facer estamos xa en trámites avanzados de convertir o Arquivo Vidal en Ben de Interese Cultural, agardemos ter esa nova pronto.
Torretas que aínda quedan en pe dos caolins de Laxe- Foto- Jose Manuel Ojen
- QPC: Fálanos agora a idea de recuperar a ruta mineira como un recurso?
- QPC: E que imos dicir dos Penedos..
Os Penedos… outra auténtica marabilla. Un lugar único, como recoñecen o libro do SEMESCOM. Manolo Rivas defíneo como “o sinal que deixan os dedos do tempo, o paso da historia”, e chegou a dicir que "se Chillida viñese aos Penedos, dedicaríase a outra cousa". Só hai en Galicia 3 espazos declarados como Paisaxe Protexida. A Xunta lavou a mans, catalogouno e non fixo nada. Nós estamos facendo cousas. O ano pasado limpamos a nosa parte (Vimianzo xa o fixera o ano anterior), e sinalizamos todas as pedras do noso municipio. Agora, despois da mesa redonda intentaremos plasmar un documento para impulsar o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela, que anda nalgun caixón. Faremos unha ruta específica, co traballo entre os técnicos, a nosa María Xosé Mato e o vimiancés Víctor Santos, un acción conxunta dos dous concellos para esixir a colaboración da Xunta. De feito a estas xornadas á Conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, pero por agora non temos resposta. Como concelleiro de turismo que son, sei que no futuro será un dos grandes reclamos de Laxe, de Vimianzo e de todo o país, porque é un enclave natural único. Polo de pronto, de cara ao verán é facer visitas guiadas polos Penedos. Que sexan os hoteleros os que poidan ofrecer estas rutas.
- QPC: E fáltanos falar do Parque do Megalitismo.
Dolmen laxeiro da Fornela dos Mouros
Máis novas laxeiras
- Ciencia, industria, fotografía, gastronomía, xeoloxía para a Primavera Laxeira.
- “Con X de Peixe”, o novo escudo de Laxe.
- Laxe tamén aposta polo turismo industrial recuperando a historia dos seus Kaolines.
- Laxe impulsa o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- O jazz volve a Laxe.
- A Cámara Mineira, Caolines Vimianzo e o Concello de Laxe apostan por recuperar o legado mineiro e xeolóxico.
- 2018, o ano da recuperación do Arquivo Fotográfico Vidal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).