200 persoas disfrutaron e reivindicaron o uso das 2 rodas no Día da Bici de Malpica

08:28 18/07/12

O pasado domingo 15 de xullo tivo lugar en Malpica unha nova edición do Día da Bicicleta. Unha cita senlleira, que cada ano aumenta a súa incidencia, e reflexiona sobre a necesidade de recuperar este vehículo sostible tanto para facer deporte, como para desprazarnos.
En total este ano participaron 200 persoas, como se pode ver, de distintas idades e lugare.. O máis veterano contaba con 69 anos, Evaristo Garrido Veiga de Cerqueda; e a máis nova era Laura Pose Pérez que con 2 aniños chegou desde Arteixo para disfrutar da xornada.
O percorrido partiu ás 11.00 h. da Casa da Cultura de Seaia e continuou polas parroquias de Vilanova e Cerqueda para rematar na Vila de Malpica, na praza Anselmo Villar Amigo.
Novas relacionadas
- Posta de longo do Club Ciclista Cee.
- O Mirador do Ézaro acollerá un final de etapa da Volta a España.
- Un día a dúas rodas pola Costa da Morte.
- Subindo, en bici e en primeira persoa, á Moa.
- O ciclismo, unha afección en auxe na Costa da Morte.