Xoves. 25.04.2024
El tiempo

"O percebe segue resistindo, a pesar de que as capturas baixaron tralo Prestige nun 80%"

"O percebe segue resistindo, a pesar de que as capturas baixaron tralo Prestige nun 80%"
Visitantes disfrutando da festa do percebe do Roncudo-Foto- Marcos Rodriguez

Unha semana para que chegue a XXI Festa do Percebe do Roncudo. Probablemente falamos da festa gastronómica máis mediática da Costa da Morte, que congrega cada xullo a milleiros de persoas multiplicando por 5 a poboación de Corme.

O ano pasado cumplía 20 anos con 1.000 racións de percebes coma puños, i é que por algo lle chaman o "Rei do Marisco".

Hoxe falamos co vice patrón da Confraría cormelá, Alfredo Varela, que xa fora patrón varios anos no anos 2000, e hoxe forma parte da comisión de festas:

  • QPC: Moi boas Alfredo. Bueno, un ano enteiro esperando o día da Festa, e xa logo chega?

Esperando non, traballando. Xa levamos dende febreiro traballando na festa, a verdade. E xa temos todo listo, quédannos pequenas cousiñas, como arranxar o recinto, que nos poremos en breve, pero as contratacións e todo isto xa está listo.


  • QPC: Para que é máis importante a Festa, a nivel turístico e promocional ou a nivel económico?

Para a Confraría é máis ben promocional, pero para o pobo é moi importanta a nivel económico. Pero claro, tamén turístico, ao final é importante para todo. Agora xa se convertiu nunha cita turístico moi importante a nivel galego. Moita xente está esperando a que poñamos a data para coller as vacacións.

Ao final, son uns números tremendos, porque hai moita xente que vén degustar o percebe e outra que vén máis ben de troula. E se carpa sempre contamos entre 2.000 e 3.000 persoas, e hai outras tantas de festa e andan polo pobo consumindo, xa multiplicamos a poboación de Corme por moito.


  • QPC: Porque o percebe segue a ser un dos motores económicos de Corme?

A verdade é que baixou moito de anos atrás. Cando era patrón era máis importante, porque a día de hoxe non hai a cantidade de percebe que había. Nin os prezos. Agora entre a flote e a pé somos uns 80 mariscadores, pero para que vexas, cando eu era patrón maior, no 2000, eramos 200.
Así e todo, segue sendo moi importante para o pobo economicamente, pois 80 familias viven del.


  • QPC: Bueno, e como van as capturas? Hai bo percebe?

Si, o percebe é bastante bo, pero baixou moito a cantidade. A raíz do Prestige baixou un 80% a produción, e por iso antes había 3 veces máis mariscadores dos que somos agora. Agora xa non é tan rentable.


  • QPC: Cantos quilos está previsto facer?

Pois máis ou menos como os últimos anos, uns 700-800 quilos, que son os xustos polo que puidemos ir comprobando. Nin se agotan de todo, nin a xente queda con gañas de máis.

Coma sempre a degustación comezará ás 13:00h, e ata que haxa xente ou ata que se acabe o percebe.


  • QPC: E a canto vai ir a ración nestes tempos de crise?

A ración vai ser de medio quilo, polo que chegaremos ás 1.500 razóns seguro. O prezo dependerá de como estea o mercado, porque queremos baixalo un pouco. A ración estaba o ano pasado a 17€. Se non poidemos baixalo un pouco, que é a nosa idea, para animar a xente nestes tempos de crise, polo menos non o subiremos.


  • QPC: Por certo, quen formades este ano a Comisión de Festas? e canta xente vai haber traballando o sábado?

Para o día da festa seremos unhas 60 persoas traballando. E na Comisión estamos a patrona maior das mariscadoras Maricarmen, e as súas compañeiras Lola e Alejandría; a presidenta das atadoras (como lle din ás redeiras en Corme) Rosa, e tamén temos a Juan, un representante dos xubilados, e eu como vice patrón da confraría e armador. E tamén está colaborando moito con nós, Óscar Rey por parte do Concello.


  • QPC: Que programa temos pois para o sábado? Percebes, seguro, pero que máis?

Percebes seguro. E ademais teremos música todo o día e toda a noite. Polo día temos á Charanga NBA. Teremos tamén un grupo aínda por determinar para a sesión vermú, e pola noite teremos unha discoteca móbil, e ata que o corpo aguante.
Sabemos que irá xente para o Nordestazo Rock de Malpica, de feito hai un servizo de buses, pero seguro que hai xente para todo!


E para rematar, deixámovos cun spot para TV de hai anos, que nos vale de marabilla como promoción pois coincidiu a festa un 13 de xullo:

Máis información

Novas relacionadas

Galerías das Festas do Percebe do Roncudo

Máis novas

Fonte

Comentarios