Venres. 19.04.2024
El tiempo

A ONG Equus Zebra chega tamén á Malpica para recoller roupa

A ONG Equus Zebra chega tamén á Malpica para recoller roupa
Victor Omgba da ONG Equus Zebra co alcalde de Malpica

Por moitos lugares da bisbarra ten a oenegué Equus Zebra un convenio para recoller roupa usada. Esta pasada semana o alcalde de Malpica, Eduardo Parga; a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o presidente de Equus Zebra, Víctor Omgb, asinaban un convenio para a instalación dun colector de recollida de roupa usada no Ventorrillo, preto do Centro Cívico.


Os veciños poderán depositar no recipiente, de cor laranxa, roupa de vestir e do fogar, bolsos, cintos e xoguetes. A oenegué aconsella a utilización de bolsas de lixo pequenas, de ata 50 litros de capacidade. A roupa debe estar limpa e seca, xa que a que ten manchas ou está húmida non pode reciclarse. Tamén pide que non se mesturen roupa e calzado ou marroquinería na mesma bolsa.

A oenegué coruñesa Equus Zebra, que traballa pola integración dos inmigrantes e desenvolve proxectos encamiñados a lograr o desenvolvemento de países empobrecidos. Recuperan cada mes unhas 40 toneladas de roupa usada. Os textís son trasladados á planta de Equus Zebra no polígono da Grela, na Coruña, onde se clasifica e se revaloriza. Deste xeito, a de mellor calidade vai destinada á venda nas tendas de segunda man que a entidade ten na cidade ou a familias necesitadas. A roupa aproveitable é enviada a África para situacións de emerxencia e para proxectos asistenciais de cooperación ao desenvolvemento; a que está deteriorada véndese a empresas de reciclaxe para facer trapos, recheos para colchóns e outros produtos, e unha mínima parte, que é inservible, acaba no colector de lixo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Malpica.

Comentarios