O alcalde de Malpica analizou co Delegado da Xunta varios proxectos

07:50 23/12/21
O delegado territorial da Xunta de Galicia na área da Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuníronse este luns, durante máis de dúas horas, para abordar numerosos proxectos para o Concello.
O alcalde puxo varios proxectos sobre a mesa para que a Xunta realice un estudo en profundidade e ver a súa viabilidade. De igual xeito, analizáronse outros que xa están en marcha.