Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Aprendices de oleiro no Ecomuseo do Forno do Forte

  Malpica leva a olería á Festur

Aprendices de oleiros en Buno
Aprendices de oleiro no Ecomuseo do Forno do Forte

Hai futuro para a olería de Buño. Así o refrendan as cifras que rexistraron as actividades incluídas na campaña ¡Hola cerámica!, unha iniciativa que se desenvolveu nos concellos adheridos á Asociación Española de Cidades da Cerámica (AECC) coa finalidade achegar a cerámica a un público cada vez máis amplo. Foron 194 as persoas que se achegaron ao Ecomuseo do Forno do Forte a practicar a olería de primeira man, ademais de gozar das visitas guiadas, demostracións do oleiro no torno e obradoiros infantís.

Festur

A promoción da olería é un obxectivo permanente do Concello de Malpica. Nesa liña, a partir de hoxe, un ano máis, en Festur, a Feira das festas de interese turístico de Galicia, que se celebra en Silleda. No stand de Malpica promocionarán as dúas festas de interese que temos no noso concello: a Mostra da Olería de Buño, e a Romaría de Santo Hadrián, que este ano coincide no seu propio día, polo que se agarda unha participación aínda maior á das últimas edicións.

O público que se achegue ata o stand do Concello de Malpica atopará, ademais de información sobre as festas, un torno para realizar demostracións en vivo os catro días da feira, tanto pola mañá coma pola tarde. Marilá estará o xoves e o venres e José Antonio Corral, a fin de semana.

Comentarios