Arrincaron as obras da EDAR de Malpica 6 anos despois do inicio do proxecto


Parece a obra do escorial, pero non, é a Estación Depuradora de Augas Residuais de Malpica. Unha obra que leva sendo unha necesidade dende hai moitos anos, e que necesitou 6 para conseguir comezar as obras e tardará ata 2015 en vela luz. Aló por setembro de 2008 o pleno malpicán aprobaba o Anteproxecto da EDAR malpicá. Pero unha serie de disputas políticas, discusións sobre a súa ubicación (estivo a piques de ubicarse no Monte Plancha) provocaron retrasos que nos sitúan en xuño de 2014 para comezar a obra.
Unha obra de 5,5 millóns de euros, situada no extremo sur do porto, lugar consensuado entre Augas de Galicia, Portos de Galicia e Concello tras varias disputas e desavencencias entre a Xunta, os veciños e o anterior goberno municipal.
Contará coas características necesarias para dar servizo a máis de 7.000 habitantes, solucionando así as carencias no saneamento desta zona ao empregar un tratamento biolóxico de innovadora tecnoloxía que permitirá compactar e facilitar a súa integración no entorno portuario.
As primeiras actuacións serán a demolición dos edificios portuarios, que ocupan parte dos terreos nos que se situará a EDAR, e a reurbanización da zona e a execución de novos departamentos para a actividade portuaria. A EDAR será confinada nun edificio de formigón, pedra e madeira, facilitará a súa integración no entorno portuario de Malpica, reducindo significativamente o seu impacto visual.
Descrición das obras
As primeiras actuacións que se levarán a cabo serán a demolición dos edificios portuarios, que actualmente ocupan parte dos terreos nos que se situará a nova EDAR, a reurbanización da zona e a execución, nun emprazamento próximo, de novos departamentos para a actividade portuaria que substituirán aos demolidos. Para elo, necesitaranse 675 metros cadrados e un viario de cambio de sentido entre a EDAR e os departamentos do Porto.
Ademais da depuradora, proxectase unha nova rede de saneamento de recollida das augas no extremo este da praia de Area Maior de Malpica. Trátase dun novo colector, en PVC de 400 milímetros de diámetro, de entrada a un novo bombeo que recollerá as augas da parte este do paseo e da parte oeste a través dun colector existente, e as impulsará a través dun tramo de impulsión un colector por gravidade que conducirá as augas residuais a nova EDAR.
O pozo de bombeo estará composto por 2 bombas (unha de elas de reposto) de 28,2 l/s de capacidade e 5,1 kW de potencia cada unha.
Estes traballos de construción foron adxudicados á empresa UTE COPASA & Veolia Water Systems Ibérica, e previse o remate da execución das obras para finais do vindeiro ano 2015. A continuación, seguirá un ano de explotación en probas da nova planta.

Novas relacionadas
- 02-08-13: A EDAR de Malpica non estará operativa ata o 2015.
- 05-04-13: Aberto o prazo de presentacións de alegacións contra a EDAR de Malpica.
- 12-12-12: Os veciños de Malpica presentarán alegacións ao proxecto da EDAR.
- 20-09-12: A Depuradora de Malpica ubicarase finalmente no porto a pesar do perigo medioambiental.
- 19-12-11: A voltas coa Depuradora de Malpica.
- 13-05-10: A Xunta pide construir a depuradora de Malpica no Monte da Plancha.
- 23-04-10: A Xunta culpa ao concello de Malpica da non construción da Depuradora.
- 09-02-10: A EDAR que nunca tivo Malpica.
Fonte
- Xunta.