![O presidente de Portos de Galicia visitou onte as instalacións portuarias de Malpica]()
O presidente de Portos de Galicia visitou onte as instalacións portuarias de Malpica
Foron necesarios un
24.000 € para a execución de diversas
obras de mantemento no porto de Malpica, consistentes principalmente na reparación de avarías eléctricas producidas polos
últimos temporais e na colocación de novas defensas de protección para embarcacións. Así o deu a coñecer onte o presidente do ente público,
José Juan Durán, nunha visita ás instalacións portuarias da zona, na que tamén estivo o patrón maior de Malpica,
Pedro Pérez, e o alcalde,
Eduardo Parga.
Ademais, o presidente de Portos comprobou as obras de colocación das novas defensas para protección dos barcos que atracan na dársena do porto e a dispoñibilidade dun servizo de mantemento para a comporta interior da dársena e para o seu guindastre.
Estas actuacións, enmarcadas dentro dos programas de mantemento e conservación dasinstalacións portuarias, realízanse co fin de mellorar as vías e accesos aos portos e osservizos portuarios e náuticos, dando resposta ás necesidades dos usuarios que desenvolven a súa actividade neste porto.
Novas relacionadas
Fonte