Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña renova o seu apoio á Mostra da Olería de Buño con 80.000 euros

Valentin Gonzalez Formoso e Eduardo Parga alcalde Malpica
Valentin Gonzalez Formoso e Eduardo Parga
A Deputación da Coruña renova o seu apoio á Mostra da Olería de Buño con 80.000 euros

Asinado quedou o convenio entre Deputación e Concello de Malpica para financiar a trixesimo novena edición da Mostra da Olería de Buño. 80.000 euros aportará a entidade provincual, e outros 20.000 o Concello para a festa qye se celebrará do 3 ao 6 de agosto de 2023.

A achega provincial cobre os gastos en publicidade, material gráfico, alugueiro das carpas, dos espazos expositivos, e das actividades como eventos, animación ou actuacións, ademais dos gastos de persoal para a organización do evento, que cada verán reúne a miles de visitantes.

Comentarios