A Asociación de Oleiros critica a xestión do Forno do Forte
Anunciaban esta semana Concello de Malpica e Deputación a remusealización do Forno do Forte. Unha medida que conseguíu facer saltar da cadeira aos oleiros da vila, que de feito, xa non acodiran á presentación das obras. O presidente da Asociación, Fran Gorín, que confirma que lle ten trasladado ás dúas administracións o pensar do sector, enviaba un duro comunicado “en protesta pola xestión que se leva a cabo, dende fai máis de 15 anos, do Forno do Forte”.
Os oleiros saían do silencio público no que levan instaurados tantos anos, para preguntarse “que impacto económico crean nas tendas e obradoiros do pobo as inversións que fan ano tras ano no Forno do Forte?” “Cantas exposicións se levan feito dende os últimos 15 anos?”, reiteran preguntando polas exposicións que virán.
Critican tamén a política municipal de enviar agasallos a todo o mundo con pezas saídas do Ecomuseo. “O noso medio de vida é a venta dos produtos que elaboramos”, queren lembrar os 17 profesionais que forman o corazón do sector.
Precisamente, pregúntanse “cantas pezas se elaboran durante o ano no Forno do Forte? Que se fai con elas? Hai un rexistro de trazabilidade?”.
Esperan que no novo museo se dea información actualizada tamén da olaría e das tendas da vila, non só información en clave histórica.
“Como pode ser que un museo destas características e xestionado con cartos públicos, perxudique máis que beneficie ó colectivo oleiro?”, sentenzan indignados. ”Non estamos pedindo máis axudas. Estamos pedindo RESPECTO”, xa que deixan claro que que “apoiar á olería non é invertir no Forno do Forte, que non representa á Olería de Buño”.