Arrinca a remusealización no Forno do Forte de Buño para darlle protagonismo aos oleir@s

Máis dun ano despois do anuncio da remusealización do Ecomuseo do Forno do Forte, comezan as obras. Así o anunciaron o deputado de Patrimonio, Xosé Luis Penas, e a concelleira de Olaría de Malpica, Marisol Blanco, durante a visita realizada onte, a un espazo que vivirá unha transofrmación importante para convertirse no gran museo da olaría de Galicia.
As obras, desenvoltas pola empresa adxudicataria, a UTE Sellier y Bialbero, inclúen adaptación das tres salas dedicadas actualmente a material etnográfico que pasarán a ser salas de exposicións temporais dos oleiros e oleiras do lugar. Ademais, a antiga ‘taberna’ pasará a dedicarse a sala de actividades e actos.
Por último, a remusealización tamén implicará a actualización do mobiliario e elementos de olaría actuais, a modernización das salas, a adaptación de salas interactivas, a instalación de nova información patrimonial e cambios na iluminación.
Novas relacionadas
- Decembro 21: Malpica e Deputación renovan o convenio de xestión do Ecomuseo Forno do Forte.
- Setembro 21: Os Oleiros de Buño propoñen vincular a remusealización do Forno do Forte cos obradoiros.
- Agosto 21: O proxecto de musealización do Forno do Forte, en marcha.
- Decembro 20: A remusealización do Forno do Forte convertirao no gran museo galego da olería.