A Asociación de Olería de Buño esixe “respecto e honestidade” ás administracións
Trala crúa crítica á xestión do Forno do Forte, a Asociación de Oleiros volveu esta fin de semanaa amosar o seu malestar coa Deputación a raíz dunhas declaracións do responsable das áreas de Contratación, Patrimonio provincial e equipamento da Diputación da Coruña, José Luís Penas Corral.
A Asociación ao completo, tras realizar unha votación, quere comunicar que ”se sinte traicionada, enganada e insultada”, explicando así a razón de non ter acodido á reunión convocada o pasado 3 de febreiro.
”Lamentamos que o sr. deputado, desprestixie con mentiras e ameazas sesgadas a un colectivo e unha marca como é a “Olería de Buño”. Cremos que hai que fiar máis fino na roda das declaracións”, sinala o presidente Fran Gorín nun comunicado no que deixa claro que “non imos permitir os ataques a un compañeiro e menos, que se poña en entredito o funcionamento da nosa Asociación”.
Deixan claro que “os e as empresarias oleiras imos DEFENDER SEMPRE os intereses da nosa marca, sexa cal sexa o motivo e “a cor” política do titular ocasional nas Administracións”. E lonxe de calquera cor política, aseguran que só tiveron unha reunión co deputado e a ex concelleira do BNG Leticia Naya, á que piden “un pronunciamento público respecto ás necesidades e prioridades que se lle expuxeron dende a Asociación Oleira en numerosas ocasións”.
Rematan o comunicado pedindo “respecto e honestidade” á Olería.