Asociacións, hostelería e concello únense para organizar as actividades do entroido de Malpica
07:08 25/01/17
Entre o 24 de febreiro e o 5 de marzo desenvolveranse varias actividades en Malpica relacionadas co entroido
Dez asociacións de Malpica e os pubs da vila únense ao concello coa intención de organizar unha das mellores festas de entroido da Costa da Morte, reforzando tradicións coma a Mikaela, os concursos de comparsas e de doces, os enterros do Faustino e o Farruco ou a popular Andaina dos Madamitos e incorporando novas propostas que se desenvolverán dende o 24 de febreiro ata o 5 de marzo.
As grandes liñas do programa quedaron definidas nun encontro convocado pola concelleira de Educación, Cultura e Turismo - Noelia Freijeiro - no que participaron tamén o técnico de Cultura do Concello de Malpica, Antón Noceda, e representantes das dez asociacións (asociación cultural Malante, ANPA Ventorrillo, ANPA Xaviña, asociación de Redeiras Mar da Illa, asociación cultural Carcaxía, ACD San Xulián, AVSC O Brizo, AC Raigañas, asociación de Amigos da Mikaela e asociación de veciños de Leiloio).
Novas relacionadas
- A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte
- A tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte.
- O gran Entroido “peatonal” de Fisterra.
- Desembarco Pirata no Entroido malpicán.
- O Entroido de Dumbría supera as mellores marcas.
- A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés.
- Os centros de ensino queceron o entroido de Cee.
- 2015: A Mikaela de Buño, a raíña do Entroido da Costa da Morte.
- 2015: O Fisterra recuperou o Enterro do Polbo cun completo funeral.
- 2015: O pobo de Corcubión e Muxía recuperaron os seus Enterros.
- 2015: O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe.
- A historia do Don Caietano.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Malpica