Venres. 29.03.2024
El tiempo

O barro tamén serve como material de construción do Ecomuseo do Forno do Forte

Foto da Visita do presidente da Deputación
Foto da Visita do presidente da Deputación
O barro tamén serve como material de construción do Ecomuseo do Forno do Forte

O Ecomuseo do Forno do Forte de Buño está recibindo unha serie de obras de mellor das estruturas, dos forxados dos pisos. E para realizalas estase utilizando un novo material a base de barro. Despois de varias probas para dar co material idóneo, a pasta aplicouse no chan de varias estancias do Ecomuseo para mellorar a súa durabilidade estrutural.

A Deputación Provincial, que financia as obras, xa destinara unha partida para aplicar, nun primeiro termo, varias remodelacións importantes neste espazo, como a reparación do edificio de administración ou a reposición de varios dos muretes exteriores. Así, conséguese un dobre obxectivo: consolidar a estrutura de todo conxunto, así como unha mellora estética.

O xerente do Eco Museo, Paco Doval, sinalou que “con estas intervencións acádase a consolidación do chan das estancias do Museo, algo que era moi necesario”.

Deste xeito, polo de pronto permanecen pechadas as salas de Agricultura e Mar, aínda que se agarda que proximamente poidan estar de novo abertas ao público.

Barro como pasta de construcion para o Ecomuseo do Forno do Forte 2
Así se aplica a pasta de barro

Novas relacionadas

Comentarios