Venres. 19.04.2024
El tiempo

Bergantiños aumenta a rede de garderías en Malpica

Bergantiños aumenta a rede de garderías en Malpica

O Concello de Malpica terá unha nova escola infantil de 41 prazas de 0 a 3 anos. Así o anunciou a semana pasada a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ao alcalde da localidade, Eduardo Parga, nunha xuntanza que mantiveron en Santiago.
A nova infraestrutura contará cun total de 3 unidades.

Bergantiños segue ampliando así a súa rede. En marzo poranse en marcha novas escolas en Coristanco- de 41 prazas- e Carballo- de 74 prazas-. Na comarca de Bergantiños, así mesmo, destacou que a rede de escolas da Xunta está presente tamén en Ponteceso con 41 prazas e na Laracha con 74.

Polo emprego

Por último, Mato trasladoulle ao alcalde de Malpica que o departamento autonómico mantén outras liñas de colaboración con Concello non só no eido dos servizos sociais, senón tamén no de emprego.
Así, indicou que a través dos programas de cooperación, esta administración local recibiu en 2011 máis de 72.000 euros, o que supuxo un aumento do 21,41 por cento con respecto ao ano anterior. Con esta subvención, o Concello contratou a 11 traballadores para o desenvolvemento de obras de interese xeral e para a prestación de servizos.

Así mesmo, Traballo subvencionou en Malpica con preto de 23.000 euros a contratación dun axente de emprego e investiu preto de 77.000 euros para a realización dun curso de formación, do que se beneficiaron 15 persoas desempregadas.

Por último, a Consellería destina máis de 29.500 euros entre 2011 e 2012 a Malpica para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego. En total, todas estas axudas en materia de emprego suman máis de 200.000 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios