Luns. 29.04.2024
El tiempo

Bergantiños crea e descubre cun completo foro para novos emprendedores

Bergantiños crea e descubre cun completo foro para novos emprendedores

Máis de 100 mozos da Costa da Morte participarán este venres 6 de xullo no encontro xuvenil “Crea e Descubre”, que se celebrá no Centro Cultural de Ponteceso. Un encontro organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar e os Concellos de Ponteceso, Malpica e Cabana, baixo o lema “Historia, turismo e artesanía como forma de emprendemento”. Todo no marco do Programa Conecta.

A mostra pretende amosarlles, aos mozos/as participantes, como da natureza, cultura e tradición, poden xurdir moi boas ideas emprendedoras, neste caso vencelladas á historia, turismo e artesanía. Ademais durante o descanso, terá lugar unha pequena mostra de asociacionismo con dez stands, onde as asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude da comarca, que o desexen, poderán expor o seu traballo e actividades.
Durante a xornada, que inclúe múltiples actividades, haberá charlas, talleres, obradoiros, roteiros e diversas actividades de fomento da creatividade dos mozos e as mozas.

Programa Crea e Descubre

Programa Conecta no Centro Sociocultural de Ponteceso, 6 de xullo de 2012:

  • 10:30-11:00: Inauguración con Ovidio Rodeiro Tato, Director xeral de Xuventude e voluntariado, José Luis Fondo Aguiar, Alcalde de Ponteceso; José Muiño Domínguez, Alcalde de Cabana de Bergantiños; Eduardo José Parga Veiga, Alcalde de Malpica de Bergantiños.
  • 11:00 a 12:00 EMPRENDEMENTO:
    - Galebook Contidos Dixitais; Primeira editorial galega de Ebooks.
    - Hotel Lugar de Briallo; Emprendedurismo no sector do turismo;
    - Marta Rivera de la Cruz; Xornalista e escritora.
  • 12:30 a 14:30 CREA:
    - Turismo: Tendencias de turismo // Marketing e novas tecnoloxías;
    - Cultura: Teatro // Xogos;
    - Artesanía: Graffiti // Artesanía.
  • 14:45-16:00 Comida.
  • 16:00-18:30 DESCUBRE:
    - Turismo (Natureza): Ruta da Paisaxe e tradición (Concello de Ponteceso) Ermida do Faro, Vila mariñeira de Corme e Faro do Roncudo.
    - Cultura (Industria Relacionada): Ruta da Historia (Concello de Cabana de Bergantiños) Dolmen de Dombate e castro da Cidá de Borneiro;
    - Artesanía (Innovación e tradición) Ruta da Artesanía (Concello de Malpica de Bergantiños) Porto de Malpica (Lonxa), Casa do pescador, mostra de pintura e visita o Faro de Nariga.
  • 18:30 Clausura.

Más información e Inscricións

  • Para inscribirse, deberás facelo en www.xuventude.net (Programa Conecta. Crea e descubre. Formulario de inscrición)

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios