Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cañizo: ”Somos un concello cun gran potencial e non podemos permitir que cerren esta sucursal”

Oficina dao Sabadell de Malpica
Cañizo: ”Somos un concello cun gran potencial e non podemos permitir que cerren esta sucursal”

A oficina do Sabadell de Malpica foi a última en botar o peche nesta ondada de recortes das entidades financieiras no rural costeiro. Unha lista que comezaba polas sucursais de Abanca de Baíñas e Zas (un ano antes foron as de Buño, Dumbría, O Pindo, Lira…), e que continuou coas do Sabadell de Camariñas e Cee.

Os Concellos estanse poñendo en loita para defender á súa veciñanza, e así o intentará tamén o Concello de Malpica. Deste xeito, o Alcalde de Malpica Eduardo Parga Veiga e o seu socio de goberno Alfredo Cañizo Garrido manterán unha reunión este mércores no Concello de Malpica con Ignacio Rodríguez, Director de Institucionais do Banco Sabadell, para abordar a problemática da marcha da sucursal bancaria que o Sabadell ten na vila.

”Na reunión abordarase a intención que ten o goberno de facer forza para que dita sucursal continue prestando os seus servicios a tódolos veciños do Concello, que por diversos motivos non terían a posiblidade de acudir a Ponteceso, lugar que teñen previsto que se concentren nunha sola as demáis oficinas do Sabadell que pretenden pechar”, explica Cañizo.

”É un servicio que un Concello como é o de Malpica necesita que sigan prestando os seus servicios, xa que é un importante Porto pesqueiro, ademais dun importante concello a nivel turístico, cun potencial que seguro irá a máis cada dia”, valora ao tempo que destaca o sector agrogandeiro e, por suposto, o oleiro.

”Somos un concello cun gran potencial e non podemos permitir que cerren esta sucursal, e debemos buscar unha solución para que ninguéen se sinta perxudicado con esta marcha”, explica o edil.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios