Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Catro feridos nun accidente entre Carballo e Malpica

Catro feridos nun accidente entre Carballo e Malpica

Un total de catro persoas resultaron feridas esta noite despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban. O accidente produciuse na estrada que une Carballo e Malpica, na saída de Carballo.

Un particular foi quen, chamou ao CAE 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba, ademais, que o turismo despois de saírse da vía batera contra unha sinal e os catro ocupantes estaban feridos.
Decontado, pasouse aviso a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección da localidade. Os Bombeiros tamén foron informados do suceso polo persoal do 112 Galicia.

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios