Luns. 26.08.2019
El tiempo

Cerqueda aproba por unanimidade o actual proxecto do Campo da Festa

Cerqueda aproba por unanimidade o actual proxecto do Campo da Festa

Os colectivos de Cerqueda asistentes á reunión convocada na noite de ontes venres pola Asociacion de Veciños Monte d’Arxa deron o seu visto e prace ó actual proxecto do espazo coñecido popularmente como Campo da Festa. Á reunión, ademais de directivos de Monte d’Arxa, asistiron o presidende da Asociación Cabalar Os Veteranos e tres representantes da Comisión de Festas.

Todos puideron comprobar como as indicacións propostas ó longo destes meses sobre o proxecto inicial van converter este lugar nun espazo útil para toda a parroquia. Nel poderanse alternar prácticas deportivas, aparcar nos días de actos litúrxicos, realizar as festas patronais e outros tipos de eventos colectivos, ademais de dispoñer dunha área de recreo infantil.

Agora, os representantes das asociacións tan só agardan que as obras comecen canto antes mellor e poidan entre todos realizar unha carroa como fin de obra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xosé Manuel Varela Varela, Secretario da A.VV. Monte d’Arxa.

Comentarios