Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte

A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte
Pasada por auga esta última fin de semana do entroido. Pero nin os temporais poden ca febre e ca tradición costeira dos enterros. Imos por Buño, Laxe, Muxía, Fisterra ou Muros para ver como se deu peche a este divertido e ventado Entroido 2016.  

A Festa das Festas, a da Mikaela

A Mikaela de Buño 2016 Non perdoa a MIkaela de Buño. Non importa o tempo, de feito parecía que nonfacía frío polos curtos disfraces vistos por aí… A mocidade de todo Bergantiños e parte do extrarradio disfruta desta “festa campal”, e moitos nin imaxinan como sería ser houbese bo tempo, porque había xentes por todas partes disfrutrando xa dende as 16:00h, do Vía Crucis de bares. Xa entrada a noitiña, despois do paseo no Mikaela School Bus, a expedición sube ata a Canta la Rana, fai a queima a ritmo de zapatilla e pasa a disfrutar polos bares, e cantinas abertas en garaxes para a ocasión, durante toda a noite e parte da mañá. Disfraces da Mikaela de Buno 2016 A festa malpicá completouse o domingo en Seaia e Malpica cos curmáns Faustino de Seaia e o Farruco de Malpica, que comeron xuntos o cocido antes de celebrar os seus respectivos sepelios. Enterro do Faustino en Malpica 2016 Enterro do Faustino en Malpica

O Cayetano de Laxe

Fantástica é a historia do Don Caietano que recuperaron no último lustro os veciños laxenses. Así de divertido foi a carruaxe do velorio. [fbvideo link="https://www.facebook.com/quepasanacosta/videos/10153862194147177/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]  

O Percebe de Muxía, a cuberto

Enterro do Percebe de Muxia A xente pesou que se suspenderóa porque a cousa estaba máis que complicada co temporal de mar, polo que foi pouca a xente que se achegou ata o pavillón. Alí, fíxose unha chocolatada e os nenos artesáns do Club de Xadrez Cabo Touriñán que armaron o Percebe foron os que máis disfrutaron a queima, alí ao carón do polideportivo. Case lle chega o mar á rocha do pavillón, coma se dun percebe se tratase. Enterro do Percebe de Muxia 2  

O Polbo-Artur Mas de Fisterra

Comitiva no Enterro do Polbo-Mas de Fisterra 2016-Foto-Dario Gomez Comitiva no Enterro do Polbo-Mas de Fisterra 2016-Foto-Dario Gomez En clave estatal, e sexual, celebrouse na Ribeira a Queima do Polbo fisterrán, que recibiu un pésame en clave sexual, co “Funeral en galego normativamente incorrecto” do irreverente Roberto Traba Velay. Hubo bastante mal tempo, seguro que por iso houbo menos xente que o ano pasado, cando se recuperaba esta cita, que de seguro, xa non vai faltar para os vindeiros anos para pechar o Entroido fisterrán. Roberto Traba no Enterro do Polbo-Mas de Fisterra 2016-Foto-Dario Gomez Roberto Traba no Enterro do Polbo-Mas de Fisterra 2016-Foto-Dario Gomez Enterro do Polbo de FIsterra  

Pola semana, tocoulle ao Facundo

Enterro de Don Facundo-Foto-Xose Sendon Enterro de Don Facundo-Foto-Xose Sendon Muros disfrutou tamén da súa cita cos Enterros, e o Facundo é un dos grandes persoeiros do entroido costeiro. Enterro de Don Facundo-Foto-Maria Louro Enterro de Don Facundo-Foto-Maria Louro  

E Carballo, mandou a Sardiña ao Anllóns

E no martes de cinza, o turno foi o da sardiña carballesa que xa foi río abaixo polo Anllóns. Foron moitos os veciños que se disfrazaron e disfrutaron das risas e os choros, e os pregos do mesmísimo Papa Francisco, que falou da loita do cerco con Mariano Rajoy, Soraya Sáenz de Santamaría, Pablo Iglesias ou Isabel Pantoja. O Papa Francisco presidiu o enterro da Sardina de Carballo O Papa Francisco presidiu o enterro da Sardina de Carballo  

Novas relacionadas

Entroidos 2016

Entroidos anteriores

Fonte

Comentarios