Complicado rescate dunha muller que quedara atrapada por unha fresadora na parroquia de Leiloio
Complicado rescate o vivido na tarde de onte, arredor das 17:15, na parroquia de Leiloio, en Malpica. Unha muller quedaba atrapasada polo motocultor co que traballaba no lugar de Pedrosa. O fillo alertaba ao 112 que mobilizaba un completo operativo de rescate para liberar a muller, que, malia gravidade da situación, estaba consciente e mostrábase colaboradora.
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, Policía Local de Malpica, o 061 de Carballo, GES de Ponteceso, Protección Civil de Malpica e Garda Civil, acodían ao lugar. Foron os Bombeiros os que procederon a desmontar as coitelas de fresadora co fin de retirarlle a máquina de enriba.
Unha vez liberada por debaixo da máquina, a persoa, ferida nas extremidades inferiores, foi trasladada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).