Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Concello e Asociación Salitre organizan un concerto solidario para recadar fondos para os animais desprazados de La Palma

Concello de Malpica e Asociacion Salitre
Concello e Asociación Salitre organizan un concerto solidario para recadar fondos para os animais desprazados de La Palma

Continúan agromando accións solidarias. Desta volta son o Concello de Malpica e a Asociación Cultural e Deportiva Salitre os que impulsan a celebración do concerto benéfico ‘Isla Bonita’ para recadar fondos cos que colaborar cos afectados pola erupción volcánica da illa de La Palma.

O evento, que está previsto que a cita teña lugar o vindeiro 23 de outubro en Canido, pretende contribuír á mellora da atención aos animais desprazados polos efectos derivados da actividade volcánica e a evacuación da poboación.

Ambas entidades contactarán máis agrupacións malpicás, con grupos musicais e con establecementos comerciais e hostaleiros para implicar ao maior número de persoas posibles.

DENDE A CONFRARÍA DE MALPICA

A que xa leva dñias mobilizada é a Confraría de Malpica que vai realizar a poxa (sen comisións) da lonxa de produtos doados polos propios pescadores que irán destinada ás Confrarías dos cabildos afectados, sendo a principal a Confraría de Tazacorte.

O pósito malpicán estarán en contacto con outras confrarías da zona para xestionar máis axudas.

Novas relacionadas

Comentarios