luns. 11.11.2024
El tiempo

O Concello de Malpica inicia os cursos de inglés para a hostalaría

posters-pegatina-globo-hablamos-ingles.jpg
O Concello de Malpica inicia os cursos de inglés para a hostalaría

Fundamental que o noso sector servizos, e sobre todo a hostalería, controle ben o inglés, se queremos seguir facendo do turismo un verdadeiro motor económico. De aí que haia que poñer en valor iniciativas como a do Concello de Malpica, que comezou este luns a impartir cursos de formación de inglés para as persoas que traballan en hostalaría.

Unha nova aposta pola formación xestionada a través da Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes co que se responde a unha solicitude realizada pola Asociación de Hostaleiros de Malpica de Bergantiños.

Os luns e mércores, de 18.30 horas a 20.00 horas, as persoas interesadas recibirán clases de inglés co obxectivo de mellorar as competencias nesta lingua e ao mesmo tempo dotar de máis recursos e calidade os servizos. A formación é tanto para persoas traballadoras como propietarias de establecementos de hostalaría.

O Concello continúa a traballar en iniciativas a través das que dar unha mellor resposta a veciñanza e visitantes, como aqueles que pasan por Malpica con motivo da Ruta dos Faros, entre outras actividades e atraccións da zona.

Comentarios