Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Concello de Malpica vai pavimentar o camiño da Camposa

Obras Camino Camposa Buno-Malpica
O Concello de Malpica vai pavimentar o camiño da Camposa

Cos 48.280,20 euros de fondos do Plan Único da Deputación, o Concello de Malpica vai realizar a pavimentación do Camiño da Camposa, en Buño. Un camiño moi transitado pola veciñanza da zona para acudir ao centro sanitario ou para recoller auga da fonte, que será sometido a unha completa pavimentación de pedra natural,

O alcalde asinou onte a acta de comprobación para o inicio dos traballos de pavimentación da vía, canalización das augas superficiais e dotación de nova iluminación.

Camino da Camposa Buno

A rúa será de 114 metros e un ancho superior aos 2 metros que conecta a zona norte de Buño, desde a Casa de Laxe, ata unha fonte e lavadoiro situados ao pé da rúa Forno Novo.
O camiño, moi transitado pola veciñanza da zona para acudir ao centro sanitario ou para recoller auga da fonte, será sometido a unha completa pavimentación de pedra natural, canalizaranse as augas superficiais e dotarase de iluminación adecuada con balizas que se situarán cada 20 metros.
Ademais, a actuación incluirá a recuperación e posta en valor da fonte e do lavadoiro.

Novas relacionadas

Comentarios