Martes. 01.12.2020
El tiempo

A Confraría de Malpica consegue acoller un curso para renovar os certificados obritagorios para sair ao mar

A Confraría de Malpica consegue acoller un curso para renovar os certificados obritagorios para sair ao mar

Con moito esforzo, reunións e acordos, a Confraría de Malpica vén de conseguir traer os cursos de renovación do certificado de Formación Básica en Seguridade para Malpica. Unha necesidade para milleiros de mariñ[email protected] da comarca, pois caducan en 2021 para case todos os enrolados.

Agora cómpre que se cubran as prazas para que se poida realizar, tendo en conta que as formacións presenciais cada vez son menores e máis caras.

Se ben normalmente os mariñeiros de Malpica acoden á Coruña a desenvolver estes cursos, o ISM de Corcubión tamén os soe ofrecer, e a súa situación agrava aínda máis a situación.

Os cursos desenvólvense as fins de semana.
Teñen preferencia os socios do pósito malpicán pero están abertos, e cómpre acodir persoalmente co DNI ou informarse no 881 982 720 ou en [email protected]

comentarios