Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Confraría de Malpica proponse aproveitar a zamborca como recurso gastronómico

Zamborca-Foto de Rogelio Santos Queiruga
Zamborca pescada por Rogelio Santos Queiruga
A Confraría de Malpica proponse aproveitar a zamborca como recurso gastronómico

Xa fumos analizando as novas propostas dfas Confraría de Malpica para aproveitar ao máximo todos os recursos do noso mar. Falamos do ourizo, da ;estrela de mar e das anémone, como especies pouco aproveitadas ás que cómpre sacarlle valor.

Desta volta o pósito malpicán proponse darlle valor á zamborca, como lle chamamos na Costa da Morte á Alosa alosa (tamén chamada sábalo cara o sur de Galicia e Portugal). E faino no marco do proxecto “1 mar de Alosas”, dirixido dende Universidade de Santiago de Compostela por Fernando Cobo e o seu equipo do Laboratoria de Hidrobioloxía, no Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física e David J. Nachón García.

O proxecto busca sobre todo proporcionar a capacidade para distinguir entre a Alosa alosa (a zamborca) e a Alosa fallax (Saboga). Ditas especies a día de hoxe son amplamente uitlizadas como carnada para peixe, pero no caso da zamborca, existen lugares nos que son aprezadas e moi valoradas gastronómicamente, como xa ten pasado antes con outras especies como o caso do percebe, que era comida de “pobres”, ou as angulas, que abonaban os campos galegos en tempos non moi lonxanos.

Por iso, foron varias as embarcacións que descargaron esta especie a fin de que se poidesen obter mostras para levar as pertinentes análises.

Ademais, con estes estudos mellorarase o coñecemento actual sobre estas especies migratorias, que habitan tanto nos ríos coma no mar e que resultan dunha vital importancia nos ecosistemas galegos e sobre todo nos ríos Miño, Ulla e Umia, podendo sensibilizar á sociedade en xeral para coidar dos medios mariños e que o propio sector marítimo sexa o mellor expoñente de querer coidar o mar e valorizar os seus produtos.

Por último, destacan dende o pósito que este proxecto de investigación pode ter repercusión a nivel europeo, dando fe do gran potencial investigador de Galicia, así como do valor do noso sector marítimo e sobre todo da utilidade pública das Confrarías de Pescadores, esperando tamén que aquel dito que dicía “Se queres ver a túa muller morta, dalle zamborca”, acabe sendo desterrado no caso de que se valoricen as zamborcas e sexa compatible a súa conservación xunto cunha mellor comercialización.

1Mar de Alosas-min

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios