Xoves. 22.04.2021
El tiempo

Acuistar: As confrarías de Malpica e Camariñas participan nun proxecto de valorización da estrela de mar

Estrella de Mar-Acuistar
Acuistar: As confrarías de Malpica e Camariñas participan nun proxecto de valorización da estrela de mar

Se a semana pasada dabamos conta do pioneiro proxecto para a extracción de anemone dende Malpica, hoxe falamos do Proxecto Acuistar (proyectoacuistar.es) un programa de posta en valor da estrela de mar, outras das grandes esquecidas do noso mar. Convocado polo Programa Pleamar 2019, da Fundación Biodiversidad, e coinvestimento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) (conta con 181.000€) o programa desenvólvese entre dende outubro 2019 ata este vindeiro mes de outubro.

Son 30 as entidades particicipantes, entre as que se atopan as Confrarías de Malpica e Camariñas. A idea é  “diversificar as especies cultivadas para abrir novas oportunidades de negocio na comercialización dos produtos do mar”.

O obxectivo é analizar o aproveitamento da estrela como materia prima para varios sectores produtivos, como a elaboración de abonos e de pensos orgánicos de acuicultura, ou para elementos decorativos artesanais.

Para iso, desenvólvese “o estudo da súa alimentación, así como a presencia de patóxenos, microplásticos, etc. ao longo de toda a costa galega, xa que estas habitualmente consumen moluscos e bivalvos e polo tanto na zona norte queremos coñecer o seu hábitat e alimentación”, explican dende o pósito malpicán.

O proxecto pode servir ademais para paliar as consecuenciasdun dos depredadores de bibalvos máis común do litoral galego, pois se ben na nosa zona non hai tanta incidencia, pola comarca do Barbanza as confrarías están extraendo milleiros de kilos de estrelas de mar para “salvar” bancos de ameixeas. A súa alta voracidade e rápida expansión pon en perigo campañas marisqueiras nas rías Baixas.

”Axudaríase a coidar o medio e de paso sacarlle rendemento a ese produto de xeito sostible, ao igual que se ten feito coa ostra rizada que a pesar de ser unha especie invasora, consegueuse co paso dos anos buscar unha saída comercial”, explican.

Nesta fase de recollida de información colaboran a propias embarcacións das Confraría costeiras, “as cales xa obtiveron as mencionadas mostras e estando á espera de resultados, xa que é un proxecto moi a longo prazo ao ter que primeiro analizar varios camiños, así como o seu posible efecto adverso no medio, poboación dispoñible, viabilidade no tempo, etc. É dicir, é un proxecto que aínda está no berce e precisa tempo para madurar.

Novas relacionadas

comentarios