Continúan os traballos de acondicionamento da rede de estradas de Malpica
En marcha están estas semanas numerosas obras de conservación da súa rede de estradas municipais de Malpica. Obras de acondicionamento do firme asfáltico, de recheo de fochancas en diversos puntos do concello, de impeza das marxes da vía e de supervisión da sinalización vertical e das marcas horizontais, que continuarán nas vindeiras semanas por todas as parroquias.
Desde o goberno local consideran “unha prioridade” os traballos de mantemento nas vías públicas. “
Rego da Xareira
Unha delas é a mellora en varios camiños do entorno do Rego da Xareira, na parroquia de Cerqueda. Con esta intervención mellorouse o acceso a un depósito de auga da zona habilitado para a loita contra incendios forestais. Cubriuse o desnivel do terreo e estendeuse unha nova capa de zahorra compactada, ademais de limpar as cunetas e as marxes dos camiños.
Humanización da Rua Igrexa
Por outra banda, a venres 23 de abril reabrirase ó tráfico peonil a rúa Igrexa, na que se están a finalizar as obras de humanización que se iniciaran a finais do mes de febreiro. No caso do tráfico de vehículos, este retomarase na terceira semana de maio.
Con esta intervención, que conta cun orzamento de arredor de 85.500 euros, sitúase ó peón como o protagonista da vía fronte ó tráfico rodado. A comezos desta semana rematouse co formigonado da rúa e só quedan pendentes pequenos retoques que se executarán nos vindeiros días.