Venres. 26.04.2024
El tiempo

Controlada unha nova vertedura dunha casa particular en Malpica

Controlada unha nova vertedura dunha casa particular en Malpica

Augas de Galicia, ente público pertencente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de emendar unha vertedura de augas residuais domésticas que se estaba a producir no núcleo da Pedrosa do Concello de Malpica de Bergantiños.

A orixe do foco contaminante procedía dunha vivenda particular que vertía as augas residuais á canle pública sen ningún tipo de tratamento de depuración e sen a perceptiva autorización de Augas de Galicia. Tras ser detectado polos técnicos do Plan de Control de Vertidos (PCV) realizáronse diversas inspeccións para informar aos titulares da vivenda causante da vertedura da necesidade da súa emenda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios