Martes. 07.05.2024
El tiempo

A EDAR de Malpica non estará operativa ata o 2015

A EDAR de Malpica non estará operativa ata o 2015
Mapa do Porto de Malpica coa EDAR

Segue a Xunta anunciando unha e outra vez a construción da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Malpica. E xa van 3 anos de negociacións sobre a ubicación, para que ata o 2015 non estará operativa.
En todo caso, a Xunta anunciou que este vindeiro 9 de agosto, o DOG licitará a obra cuxo orzamento ascende a máis de 5 millóns de euros.

A EDAR de Malpica de Bergantiños situarase no extremo sur do peirao, tralo acordo alcanzado o pasado mes de outubro a través dun convenio de colaboración entre a Xunta, Portos de Galicia e o Concello de Malpica que permite dispoñer dos terreos necesarios para a execución desta infraestrutura hidráulica. O seguinte paso foi a tramitación ambiental do anteproxecto da depuradora de Malpica de Bergantiños, que se iniciou no mes de decembro de 2012.
A Consellería de Medio Ambiente someteu a información pública o anteproxecto da estación depuradora, durante un período de 30 días, polo que se trata dunha actuación cuxa documentación por dúas veces se puxo á disposición da cidadanía.

EDAR de Malpica de Bergantiños

A estación depuradora de Malpica de Bergantiños, que contará coas características necesarias para dar servizo a máis de 7.000 habitantes, constará dunha liña de tratamento que, pola súa vez dispón dunha liña de auga, na cal se realizan accións de desinfección; e unha liña de lodos, onde se efectúan os procesos de deshidratación e estabilización.

O proxecto, considerando a capacidade de dilución no punto de vertedura, recolle unha depuración biolóxica para reducir a materia orgánica a través dunha biofiltración, seguida dunha desinfección para asegurar unha boa calidade microbiolóxica da vertedura a pesar de que as zonas de baño están afastadas.

Este proceso de depuración utilizará unha tecnoloxía particularmente avanzada e compacta, xa que o terreo dispoñible para a localización da EDAR se condicionou a manter a actual aliñación no peirao de modo que nun futuro non se impida a construción dunha eventual vía de saída do porto, e para afectar o mínimo número de departamentos portuarios. Deste modo, a nova instalación necesitará 675 m2 de superficie, para o cal será necesario demoler 360 m2 correspondentes a 13 departamentos do final do peirao e se manterá unha das vías existentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios