Sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Croa do Castro prepárase para a escavación

A zona da Croa do Castro rasurada
A zona da Croa do Castro rasurada
A Croa do Castro prepárase para a escavación

Despois da tala de eucaliptos, o Concello de Malpica continúa cos traballos de acondicionamento da contorna da Croa do Castro. O pasado 2 de xullo xa se comezaran con estes traballos, como paso previo para acometer as tarefas de escavación neste lugar. Tal e como explica o alcalde, Walter Pardo, ‘para nós supón dunha importancia maiúscula intervir neste lugar, xa que supón o paso previo para poder realizar as escavacións’.

Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, María Álvarez, ‘temos moita ilusión nestas intervencións porque permitirán aos arqueólogos saber máis deste xacemento, algo que será tamén moi positivo para a nosa historia’, sinalaba a edil.

Limpeza xeral

Asi mesmo, o Concello intensifica os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal. ‘Ás tarefas que levamos realizando desde hai varias semanas incorporarase unha cuadrilla de dez integrantes que se adicará a adecentar as zonas de maior concorrencia’, apunta o concelleiro de Servizos e Agro, Alfredo Cañizo.

Por outra banda, mañá, esta pasada fin de semana comezaron a traballar as persoas que integran o servizo de Salvamento e Socorrismo da praia de Area Maior.

Historia do proxecto da Croa do Castro

comentarios