Domingo. 13.10.2024
El tiempo

De camiño á integración sociolaboral

De camiño á integración sociolaboral
O presidente de Íntegro e o alcalde de Malpica asistiron onte á inauguración do curso O presidente de Íntegro e o alcalde de Malpica asistiron onte á inauguración do curso A Asociación Íntegro acaba de poñer en marcha un curso sobre técnicas de colocación de pladur no que participan persoas en risco de exclusión e con diversidade funcional. Na actividade, que se leva a cabo na casa do Oleiro de Buño, participan dez veciños e veciñas de Malpica. Neste senso, o presidente da Asociación Íntegro, Adolfo López Baña, destacou o labor de visibilización das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión que desenvolve o concello de Malpica, e púxoo como exemplo. “Malpica é o primeiro concello que aposta pola visibilización destes colectivos, é un exemplo para outros”, manifestou. Ademais, Adolfo López insistiu no obxectivo da Asociación Íntegro de reforzarse como entidade prestadora de servizos, cada vez con maior autonomía e menor dependencia das axudas institucionais. Adolfo López Baña asistiu á inauguración do curso de técnicas de colocación de pladur no que participan dez persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión. No acto participaron tamén a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, que animou aos alumnos e alumnas a aproveitar o curso para intentar mellorar a súa situación laboral. O obradoiro, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, desenvolverase os luns, martes e xoves de 9.30 a 13.00 horas ata o 3 de decembro. As sesións serán fundamentalmente prácticas e consistirán no arranxo dunha aula situada no primeiro andar da casa do Oleiro de Buño. Novas relacionadas Fonte

Comentarios