Denuncian a falta de control dun vertedoro de explosivos a 44km de Malpica


Sorprendente o que nos descobre hoxe a Asociación Ecoloxista Adega. A entidade preguntou ao Ministerio de Defensa información sobre o vertedoiro de explosivos F-130 fronte á costa galega. Pero dende “A Armada”, só poideron indicar a súa ubicación, sinalando que “o ministerio descoñece o tipo de munición fondeada e confirma que non fai seguemento nen vixianza algunha”.
Denuncia Adega a falta de control desta instalación (técnicamente "zona de lanzamento de cargas de profundidade e vertedoiro de explosivos”), situada a apenas 44 km de Malpica mar adentro, nun círculo de 3 millas náuticas de radio centrado nas coord. 43º45'N, 09º02’W.
A Armada informou que "Dado el tiempo transcurrido desde que dejaron de utilizarse [1995],actualmente la Armada ya no dispone de información donde se concrete el tipo exacto de munición fondeada". Ademais, apuntaron que “La Armada no realiza ningún tipo de vigilancia especial”, algo que aumentou a preocupación do colectivo.
”Tendo en conta os riscos que para a seguridade e a saúde ambiental e cidadá supoñen estas instalacións, o que motivou a prohibición destas actividades dende 1995 (convenio de Londres) chama a atención que Defensa recoñeza a falta de vixilancia”, denuncia Adega. I é que “Aliás de non saber que tipo de munición depositaron (e por tanto que contaminantes) en que estado se atopa e que riscos comporta para o ambiente e a saúde, o Ministerio tampouco controla esta instalación”. Limítase a citar un informe da Convención OSPAR sobre a avaliación de impacto dos vertidos de munición convencional e química ao mar (ligazón) que aponta "La opinión científica mayoritaria está conforme con que las municiones presentes en el lecho marino no presentan riesgos para la salud humana ni para el entorno si no se altera su situación actual".
Así, ADEGA volta a “reclamar ás administracións competentes, Ministerio e tamén a Xunta que tomen medidas, avalíen o estado actual do vertedoiro e fagan seguemento da posíbel contaminación asociada”. E sinala que “a Xunta non pode excusarse na súa falla de competencia”.