Venres. 26.04.2024
El tiempo

Falece o candidato do PP de Malpica

Falece o candidato do PP de Malpica
José Manuel Vila, que fóra presentado o pasado mes de xullo como candidado do PP de Malpica, falecía na madurgada do domingo 13 de febreiro a luns. Vila non podía superar un cáncer. O malpicán será enterrado este martes pola tarde en Malpica.

A Dirección Provincial do Partido Popular lamenta o falecemento de José Manuel Vila Pérez

A Dirección Provincial do PP e o seu presidente, Carlos Negreira, lamentan o falecemento de José Manuel Vila Pérez, membro destacado do PP de Bergantiños e candidato ás presentes Eleccións Municipais.

Vila tivo unha traxectoria ampla como servidor público, participando non só en labores municipais senón tamén exercendo funcións autonómicas en 3 lexislaturas no Parlamento de Galicia (1989 - 1993; 1993 - 1997; 1997 - 2001).

Todos os representantes do PP de Bergantiños mostran o seu pesar por tan lamentable perda. Os populares agradecerán sempre o inestimable labor desenvolvido por José Manuel Vila nos seus anos de actividade no partido e acompañan no sentimento aos seus familiares nun momento tan difícil.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios