domingo. 10.11.2024
El tiempo

Eva Amado desvela os segredos para cociñar o xurelo no «showcooking» de Malpica

335A8950
Eva Amado desvela os segredos para cociñar o xurelo no «showcooking» de Malpica

A cociñeira Eva Amado encheu o Mercado de Malpica de sabor cun Show Cooking onde destacou receitas como o tartar de xurelo, o caldo de peixe e o escabeche. Esta actividade, organizada pola Concellería de Promoción Económica dentro da iniciativa “Malpica Consola”, buscaba resaltar o valor dos produtos locais, especialmente, do xurelo, un peixe moi apreciado na gastronomía galega.

WhatsApp Image 2024-10-26 at 14.56.08

Durante o evento, Amado deu a coñecer coas súas recetas as posibilidades deste produto local. Vinte asistentes tiveron a oportunidade de aprender a cociñar pratos como o Tartar de Xurelo e o Caldo de Xurelo, entre outros. A acollida foi excelente, deixando sen dúbida un bo sabor de boca entre todos os asistentes, que tiveron a oportunidade de degustar os pratos preparados.

Eva Amado shocooking mercado Malpica

Comentarios