Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao

A Xunta responde in extremis que "estudia" o asunto pola complexidade das obras.
A familia do mariñeiro falecido en Malpica entrega 10.000 sinaturas para que Portos acometa obras de seguridade no peirao

Familia do marineiro finado

Esta mañá a familia do patrón falecido tras volcar o barco que patroneaba na dársena de Malpica o pasado mes de decembro, trasladouse á sede coruñesa de Portos de Galicia para entregar 10.000 sinaturas que levan recollidas dende o pasado mes de xaneiro para esixirlle á administración portuaria que acometa as obras de seguridade necesarias para evitar que se produzan novos accidentes.

Desta volta, e despois das peticións de PSOE, e BNG, o Grupo Parlamentario En Marea acompañou á familia, xunto co alcalde e o patrón maior de Malpica ao Parlamento, despis de varias xuntanzas.

Un Parlamento que xa ten aprobado por unanimidade a proposta de incrementar a seguridade no porto de xeito inmediato, pero a realidade é que polo de agora non houbo ningún movemento.

Poucas horas despois da presentación das sinaturas, a Xunta quere saír do paso asegurando que "está a estudar a incidencia das ondas longas asociadas aos temporais na zona de entrada á dársena interior e no conxunto do peirao de Malpica co obxectivo de determinar cales son as actuacións máis axeitadas para mellorar a seguridade no acceso a este porto coruñés". Aseguran que o Executivo galego vén de contratar os traballos para comprobar os efectos das ondas longas no peirao.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios