Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica

Porto de Malpica
Porto de Malpica
Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica

Aprobada no Parlamento unha iniciativa para eliminar o risco na entrada do porto de Malpica

Todos vimos, despois do tráxico accidente do Silvosa como entran os barcos no porto de Malpica. Unha maniobra de auténtico risco que levan facendo anos entre as correntes e remuíños que se forman entre os diques, e contra o que non se tomaron medidas ata que algo pasou.

Despois de que a oposición ao completo obrigase no Parlamento á Xunta, parece que haberá solucións.

Así o acordou o pasado venres a Comisión de pesca e marisqueo aprobou unha iniciativa socialista para eliminar urxentemente o risco existente no porto de Malpica. Tamén BNG e En Marea levaran o asunto ao plenario.

A parlamentaria socialista Loli Toja espera que o asunto non quede en papel mollado como a sinalización das bateas, a dragaxe de Laxe ou a resolución aprobada no 2016 no Pleno do Parlamento onde se instaba ao Goberno a dotar os portos de mecanismos antiafundimento.

Así, o parlamento acordou “acometer de forma urxente, baixo o asesoramento dos técnicos e comunidade portuaria e coa previa análise da positividade e efectividade das medidas a adoptar, as medidas reclamadas pola cofaría de Malpica para o seu porto naqueles aspectos que sexan viables e positivos técnica e operativamente de cara a eliminar a situación de risco existente no porto de Malpica, co fin de evitar novas desgrazas”.
”Se proceda, urxentemente a analizar a viabilidade de executar, en caso de ter a avaliación técnica, medidas para qe se elimine o desnivel ou escalon existente baixo a comporta da dársena, se proceda a dragar a dársena, se mellora a iluminación da comporta e se regulen os fondeadoiros das embarcacións da sétima lista”.
”Se proceda, de feito inmediato a analizar a viabilidade, e si así fose, a elaborar a executar no menor prazo posible, o proxecto que permita mellorara seguridade mediante o alargamento do espigón e dique de abrigo do porto, tal como recomenden os técnicos”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios