xoves. 31.07.2025
El tiempo

En marcha a 40ª edición da independente Mostra da Olería de Buño

Mostra Oleria de Buno 2025
En marcha a 40ª edición da independente Mostra da Olería de Buño

A Asociación Oleira de Buño vén de lanzar o programa o programa da XL edición da Mostra da Olería de Buño. Este mesmo xoves 31 de agosto, e ata o domingo 3 de agosto, a artesanía será protagonista nun evento que conta coa colaboración da Deputación, da Asoc. O Quinteiro e da marca Terras de Buño, pero que non inclúe ao Concello malpicán.

As casetas estarán abertas de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00, pero ademais gaberá unha mareaa de actividades, como a apertura da Mostra, o xoves ás 12:00h, coa actuación do grupo de gaitas “Os Daquela”.

O venres, Día do Neno, comeza con inchables, continúa demostración de torno e obradoiro de barro para os nenos, para ofrecer tamén un espectáculo de xogos e dj infantil. Pola noite, concerto do gran Arremecághona, e peche coa sesión musical do dj herculñino Grobas.

Para o sábado 2 de agosto, novas demostracións ás 12:00h e ás 18:00h, co Pablo Risco. Interesante faladoiro con Antonio Fernández, Nerea Gómez, Icía e Xosé Manuel Varela sobre as cantareiras galegas.Pola noite, regueifa cos grandes Antonio e Suso de Xornes, concerto das pandereteiras do Rivés e dj.

E para o domingo novas demostracións e baile tradicional.

Programa da Mostra da Olería de Buno 2025

Máis novas

Comentarios