A Foliada de Carcaxía recicla o seu impulso

10:30 18/03/25
Este sábado 22 de marzo celebrarase a 5ª Foliada de Carcaxía, un evento xa consolidado no calendario festivo da comarca. Ademais de promover a cultura e a tradición a través da música e do baile, este ano a organización dá un paso máis incorporando o uso de vasos reutilizables, reducindo así a xeración de residuos plásticos.
A 5ª Foliada de Carcaxía promete ser unha cita inesquecible, cun ambiente cheo de música, baile e agora tamén compromiso co medio ambiente. A festa comezará coa foliadiña ás 19:00h e despois longa noite de pandeireta e gaita.