Malante homenaxea ao Malpica gañador da Liga e da Costa da Costa do 1985

Emotiva xornada a que se vai vivir o vindeiro sábado 22 de marzo, ás 19:00h no Centro Cívico de Malpica. A A.C. Malante vai facer entrega do seu premio anual, e neste 2025 quere lembrar un equipo mítico da vila: O SCD Malpica campoón da Liga e da Copa da Costa da tempada 1984/1985.
Numerosas personalidades participarán neste evento que lembra xogadores que marcaron unha época, agora que pasaron 40 anos. Estarán a meirande parte daquel equipo histórico, se ben hai varios que morreron e algún que vive fóra da península. Pero todos lembraran aos Bardanca, Juan, Cobiñas, Tasende, LanchaReigía III, Benigno (na foto na fila de arriba); e Tono, Ramonciño, Chouciño, Esmorís, Manoliño Fuentes, Millet e Castriño (na fila de abaixo nesta imaxe cedida por Pose e Porto).
Non faltarán membros do SD Cabana, como o fisterrán Manín, que disputou aquela apretada final da Copa da Costa. Lembran Lema e Rei na encicplopedia “50 anos Fútbol da Costa” que na ida disputada en Pedra Queimada, o partido rematou 1-1, con goles de Esmorís para os locais e Manín para os visitantes. A volta, nas Redondas rematara 3-3, sendo o heroe daquela tarde o meta cabanés, Reigía III, que parara dous penaltis e marcara o seu.
Foi o primeiro, e único, título copeiro da SCD Malpica, despois de caer ante a Esteirana na final de 1975, e antes de facelo ante o Xallas de Santa Comba na 2012/2013.
Máis novas
Outras novas históricas
- Unha noite máxica chea de historia e paixón con Bebeto e da SD Fisterra
- “Entre todos creamos do Fútbol da Costa unha lenda. Que morran de envexa”.
- Unha viaxe polos 50 anos do Fútbol da Costa.
- O libro Mar de Paixón nace percorrendo ducias de anécdotas sobre a historia do Fútbol da Costa.
Artigos de Héctor Pose do libro “Mar de Paixón”
- Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Os imprescindibles.
- Miculita-Sieso-Manín: tridente letal.
- O Míster.
- Manolo… Manolo Casal.
- Periscal e… gol!.
- Remexer nos papeis doutros.
- Tonié.
- Un gol en Santa Comba.
- Domingo de fútbol.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
Outros artigos relacionados sobre a historia do Fútbol da Costa
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Chema Rei: Aqueles anos no Balsiño.
- Xosé María Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.